Retirados uns 150 kg de lixo na X Limpeza Simultánea de Praias

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Unha vintena de persoas participaron esta mañá na X Limpeza Simultánea de Praias, unha acción ambiental organizada polo Concello de Cabanas e coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), que tamén se desenvolveu noutras praias do país. No caso de Cabanas tamén se implicou a Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula.

Durante os traballos de limpeza, o voluntariado participante, recolleu arredor de 150 quilogramos de lixo, maioritariamente plásticos, redes e cordas, latas, botellas e cabichas.

O tenente alcalde e concelleiro de medio ambiente, Iago Varela, valorou positivamente esta actividade e indicou que “queda moita labor de concienciación por facer, pero inciativas coma esta poñen en valor a necesidade, a importancia e a urxencia da educación ambiental”.

 

 

Share.

Comments are closed.