Sábado, Febreiro 4

14 mulleres de Cabanas formáronse en competencias dixitais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Un total de 14 mulleres de Cabanas veñen de rematar a súa formación en competencias dixitais ao abeiro do proxecto “Muller Dixital”, unha iniciativa dirixida a mulleres que se atopan en situación de desemprego ou en demanda de mellora de emprego.

Ao longo das últimas semanas, as mulleres participantes completaron corenta horas de formación en competencias dixitais, partindo dun nivel básico, ao que se sumou un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades. Todas elas recibiron ademais unha tablet para poder levar a cabo a formación.

“As participantes valoraron moi positivamente o contido do curso, e solicitaron participar no seguinte nivel”, sinalou a concelleira de igualdade, Paula González, quen avanzou que o curso de nivel avanzado comezará a mediados de xaneiro.

O programa Muller Dixital está financiado pola Unión Europea no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade.

Share.

Comments are closed.