Deportes

25 persoas tomaron parte na ruta a Redes organizada polo Concello
  • Martes, 05 Setembro 2017

Numeroso público infantil na andaina, que permitiu descubrir incribles panorámicas do municipio de Cabanas

Cabanas, 5 de setembro de 2017. Un total de 25 persoas tomaron parte o pasado domingo pola mañá na ruta de sendeirismo a Redes organizada polo Concello de Cabanas a través da Concellería de Deportes. Unha expedición na que predominaba o público infantil. Non en van, e segundo explicou o concelleiro de Deportes, Javier Fernández, a ruta estaba especialmente dirixida ás familias, cun percorrido de dificultade baixa.

“Conoce a O Parrulo” visita o noso municipio este venres e sábado

De 17 a 20 horas, haberá un futbolín humano inchable, unha portería de precisión para practicar puntería ou un photocall

Cabanas, 17 de agosto de 2017. O tour “Conoce a O Parrulo” chega esta fin de semana a Cabanas. Tanto o venres como o sábado, a caravana de “Conoce a O Parrulo” estará situada no Paseo da Madalena, cruce con Avenida Llanos (aproximadamente á altura do nº15), de 17 a 20 horas.

Galego

A XI edición do Torneo 3x3 de Baloncesto Concello de Cabanas disputarase esta fin de semana
  • Martes, 01 Agosto 2017

A competición celebrarase na pista do Areal dende este venres e ata o domingo co concurso de equipos procedentes de toda Galicia

Na última xornada, ademais das fases finais, a organización prevé diferentes concursos de triples  ou un contra un, nos que bastará anotarse a pé de pista

Máis de 250 palistas tomarán a saída este domingo no Campionato Galego de Kaiak de Mar de Cabanas
  • Luns, 31 Xullo 2017

Última regata da liga, decidiranse no municipio os campións galegos de clubes e máis das diferentes categorías

O Club KDM Cabanas e a Federación Galega de Piragüismo impulsan este evento co patrocinio do Concello e da Xunta de Galicia

A organización prevé tamén actividades en paralelo para que o público disfrute deste auténtico espectáculo deportivo

Páxinas