Deportes

A Secretaria Xeral para o Deporte realiza unha visita de fin de obra ó circuito de motocross de Cabanas
  • Venres, 01 Decembro 2017

Cabanas, 1 de decembro de 2017. Acompañada do alcalde, Germán Castrillón, a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe Cabanas, onde supervisou o estado final das obras levadas a cabo para a mellora das infraestruturas deportivas do municipio. A máxima responsable do deporte galego insistiu unha vez máis na importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega.

O Concello inviste 43.000 euros na mellora e acondicionamento do pavillón
  • Venres, 17 Novembro 2017

Procedeuse á renovación de todas as luminarias por outras de baixo consumo e realizáronse traballos de pintado interior e exterior

Cabanas, 17 de novembro de 2017. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate dos traballos de acondicionamento e mellora do pavillón municipal de Lavandeira. Unha intervención na que se investiron 43.322,95 euros procedentes dunha subvención solicitada á Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Páxinas