Deportes

O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición no VII Torneo de Pádel
  • Venres, 18 Maio 2018

As persoas interesadas en participar deben formalizala antes do 5 de xuño

Cabanas, 18 de maio de 2018. O Concello de Cabanas promove un ano máis unha nova edición do seu Torneo de Pádel. Unha cita xa consolidada no calendario deportivo do municipio, onde día a día medra a afección por esta disciplina deportiva.

Últimos días para anotarse na ruta dos camiños vellos do Concello de Cabanas
  • Martes, 20 Marzo 2018

Organizada pola Concellería de Deportes, terá lugar o último sábado de mes

Cabanas, 20 de marzo de 2018. As persoas interesadas en tomar parte na ruta guiada dos camiños vellos que promove a Concellería de Deportes de Cabanas deben formalizar a súa inscrición antes do día 27. Hai varias vías para facelo: de forma presencial no departamento municipal ubicado na pranta baixa da casa consistorial; a través do enderezo electrónico cultura@cabanas.gal ou ben no teléfono 981 49 59 59 extensión 3.

Visita á casa consistorial do presidente da Federación Galega de Piragüismo
  • Martes, 06 Marzo 2018

Acompañado dos representantes do Club Cabanas KDM, Alfredo Bea mantivo unha xuntanza co alcalde, Germán Castrillón, e membros do equipo de goberno

Cabanas, 6 de marzo de 2018. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, recibiu onte pola mañá na casa consistorial ó presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, para manter un encontro no que tamén participaron membros do equipo de goberno e representantes do Club Cabanas KDM, co seu presidente á cabeza, Gumersindo López.

Páxinas