Deportes

O Concello pecha este xoves a inscrición na ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume
  • Mércores, 20 Febreiro 2019

Trátase dunha ruta circular pola parroquia de Soaserra a través das Fragas, con 8 kms e dificultade moderada, guiada e con participación gratuíta

Cabanas, 20 de febreiro de 2019. Última oportunidade para apuntarse na ruta de sendeirismo que o Concello de Cabanas organiza este sábado polas Fragas do Eume. Guiada e gratuíta, precisa de inscrición previa e o prazo péchase mañá xoves. Debe formalizarse a través do teléfono 981 49 59 59 ext.3 ou enviando un correo a deportes.cabanas@gmail.com

Seleccións de todos os exércitos disputarán no piñeiral de Cabanas o 47º Campionato Nacional Militar de Campo a Través
  • Venres, 01 Febreiro 2019

A cita deportiva estatal celebrarase a vindeira semana

Cabanas, 1 de febreiro de 2019. O piñeiral da Madalena acollerá durante a semana do 4 ao 8 de febreiro o 47º Campionato Nacional Militar de Campo a Través, no que tomarán parte atletas pertencentes ás seleccións de todos os exércitos: Exército de Terra, Exército do Aire, Garda Civil, Garda Real, Unidade Militar de Emerxencias, Órgano Central e Armada. Na cita colabora o Concello.

Cabanas abre o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación
  • Xoves, 03 Xaneiro 2019

O Concello conta con tres prazas para a quenda do 15 ó 18 de febreiro

Cabanas, 3 de xaneiro de 2019. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Deportes, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí que promove a Deputación da Coruña. A través da mesma, rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2019, inclusive, poderán practicar este deporte na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, en Ourense. A Cabanas correspóndenlle tres prazas a disfrutar na cuarta quenda: do 15 ó 18 de febreiro.

Páxinas