Nadal

As súas Maxestades os Reis Magos visitarán Cabanas este sábado e domingo
  • Venres, 04 Xaneiro 2019

Realizarán un percorrido por todo o municipio o sábado e, o domingo, repartirán agasallos no pavillón de Lavandeira e no local social de Laraxe

Cabanas, 4 de xaneiro de 2019. As súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán o municipio por partida dobre. Será este sábado e domingo, en sendas actividades organizadas pola ACR Cabalgata de Reyes de Cabanas, en colaboración co Concello.

As súas Maxestades os Reis Magos visitarán Cabanas este venres e sábado
  • Mércores, 03 Xaneiro 2018

Realizarán un percorrido por todo o municipio o venres e, o sábado, repartirán agasallos no pavillón de Lavandeira e no local social de Laraxe

Cabanas, 3 de xaneiro de 2018. As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán o municipio por partida dobre. Será este venres e sábado, en sendas actividades organizadas pola ACR Cabalgata de Reyes de Cabanas, en colaboración co Concello.

O Concello de Cabanas abre o prazo de inscrición no Xantar de Nadal veciñal
  • Mércores, 29 Novembro 2017

As persoas interesadas en tomar parte deben reservar a súa praza na casa consistorial antes do 12 de decembro

Cabanas, 29 de novembro de 2017. O Concello de Cabanas volve a celebrar un ano máis o seu tradicional Xantar de Nadal veciñal. Será o vindeiro 15 de decembro, a partir das 14 horas no restaurante do Hotel Iberia do municipio. Así, as persoas interesadas en tomar parte na cita, poden reservar dende hoxe a súa praza na casa consistorial. O prazo remata o día 12.

Os Reis Magos visitarán Cabanas por partida dobre xoves e venres
  • Martes, 03 Xaneiro 2017

As Súas Maxestades de Oriente realizarán un percorrido por todo o municipio antes da noite máxica e, ó día seguinte, repartirán agasallos no pavillón de Lavandeira e no local social de Laraxe

Cabanas, 3 de xaneiro de 2017. As súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán o municipio por partida dobre. Será este xoves e venres, en sendas actividades organizadas pola ACR Cabalgata de Reyes de Cabanas, en colaboración co Concello.

Máis dun centenar de veciños tomarán parte no Xantar de Nadal de Cabanas
  • Xoves, 15 Decembro 2016

Terá lugar este venres no hotel Iberia e, no seu transcurso, o Concello homenaxeará ó matrimonio e ó veciño presentes de maior idade

Cabanas, 15 de decembro de 2016. Un total de 136 veciños e veciñas de Cabanas tomarán parte este venres no Xantar de confraternidade que, cada ano, promove o Concello nas vísperas das festas de Nadal. Onte concluía o prazo para anotarse na cita, que terá lugar no Hotel Iberia.

O Concello de Cabanas abre o prazo para anotarse no tradicional Xantar de Nadal
  • Domingo, 04 Decembro 2016

Terá lugar o día 16, no hotel Iberia, e as persoas interesadas en tomar parte deben reservar praza na casa consistorial antes do día 14

Cabanas, 4 de decembro de 2016. O Concello de Cabanas volve a celebrar un ano máis o seu tradicional Xantar de Nadal. Será o vindeiro 16 de decembro, ás 14 horas, no restaurante do Hotel Iberia e, as persoas interesadas en tomar parte na cita, poden reservar xa a súa praza na casa consistorial. O prazo remata o día 14.

Páxinas