Urbanismo

Cabanas aproba o Plan Xeral de Urbanismo
  • Xoves, 01 Novembro 2018

O pleno deu luz verde á aprobación provisional estimando máis do 80% das máis de 800 alegacións presentadas na fase de exposición pública e, agora, pasará á Xunta para a súa aprobación definitiva

Tras dez anos desde que se firmara o contrato para a redacción do documento, o alcalde, Germán Castrillón, sinala que o plan busca rematar coa inseguridade xurídica dunhas normas subsidiarias de 1987

Apunta que permitirá gañar poboación e favorecer o desenvolvemento económico do municipio

Os veciños poden acollerse a unha nova liña de axudas para a rehabilitación da súa vivenda
  • Mércores, 01 Xuño 2016

Dende hoxe mesmo, os veciños de Cabanas poden acollerse a unha nova liña de axudas para a rehabilitación das súas vivendas. Ao respecto, o alcalde, Germán Castrillón, informa de que os servizos técnicos do Concello asesorarán á veciñanza na tramitación das subvencións, que requiren dun informe municipal.

Exposición Pública "Saneamento e depuración de augas residuais en Lavandeira"
  • Martes, 26 Abril 2016

O Pleno da Corporación en sesión ordinaria realizada o día 30 de marzo de 2016, aprobou inicialmente o proxecto de “Saneamento e depuración de augas residuais en Lavandeira” redactado polo enxeñeiro Miguel Nieto Matamoros en maio de 2015, cun orzamento de 236.388,61 euros.
De conformidade co establecido no art. 9 do Decreto 59/2013, do 14 de marzo, ábrese un trámite de información pública polo prazo de trinta días a contar desde o seguinte o da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia a efectos de exame e alegacións.