Benestar

Os veciños poden acollerse a unha nova liña de axudas para a rehabilitación da súa vivenda
  • Mércores, 01 Xuño 2016

Dende hoxe mesmo, os veciños de Cabanas poden acollerse a unha nova liña de axudas para a rehabilitación das súas vivendas. Ao respecto, o alcalde, Germán Castrillón, informa de que os servizos técnicos do Concello asesorarán á veciñanza na tramitación das subvencións, que requiren dun informe municipal.

Tempo de Familias
  • Xoves, 29 Outubro 2015

Un ano máis, o Concello de Cabanas e a súa Concellería de Servizos Sociais vai por en marcha o obradoiro “Tempo de Familias”, subvencionada pola Deputación da Coruña no marco do Programa de Acción Social con Familia, Mocidade e Infancia. Trátase esta dunha actividade dirixida a familias con nenos e nenas de ata seis anos de idade e no que se pretende facilitar un espazo de encontro para o intercambio, o debate e a aprendizaxe conxunta. As familias interesadas en formar parte poderán recadar máis información nos Servizos Sociais de Cabanas ata o seu comezo o 5 de novembro.