Noticias

Fin de actividades
  • Xoves, 03 Xuño 2010

Coa chegada do verán rematan as actividades tanto culturais como deportivas que organiza o Concello de Cabanas durante todo o ano, así que xa se están a preparar as diferentes actividades para poñer punto e final os distintos cursos que se levaron a cabo. Desta forma, este mesmo sábado, día 5 de xuño, terá lugar a inauguración da exposición dos traballos que se realizaron durante todo o curso.

II Certame Literario de Narrativa e Poesía
  • Martes, 30 Marzo 2010

Ante a proximidade da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Cabanas puxo en marcha o seu II Certame Literario de Narrativa e Poesía. Búscase con esta iniciativa promocionar a creación literaria, ó tempo de servir como estímulo positivo para facilitar unha mellora no eido da literatura e da poesía. No seguinte link poderán descargarse as bases deste certame.

II Certame literario Concello de Cabanas

II Gala do Deporte e da Cultura
  • Luns, 01 Marzo 2010

Cabanas, 1 de marzo de 2010. O Concello de Cabanas celebrou este sábado a súa II Gala do Deporte e da Cultura. Un acto co que a corporación municipal busca premiar e recoñecer o traballo realizado tanto no eido do deporte como da cultura de veciños, asociacións ou persoas vinculadas estreitamente co Concello de Cabanas. Este ano ademais aproveitouse a ocasión para facer entrega da insignia de ouro de Cabanas ó Padre José López Calo, eminente musicólogo cunha dilatada traxectoria profesional e que ten unha gran vinculación co municipio.

Subvencións Municipais 2009
  • Venres, 04 Decembro 2009

O próximo mércores 9 de decembro abrirase o prazo para que as entidades sen fins de lucro do Concello de Cabanas poidan solicitar as axudas municipais. Nos dous seguintes links poderase atopar máis detallada información. O prazo para a presentación destas solicitudes rematará o día 23 de decembro.

sauda do alcalde

Solicitude de subvención

Actividades
  • Venres, 20 Novembro 2009

No seguinte link podes atopar información sobre as diferentes actividades que se levarán a cabo no Concello de Cabanas no curso 2009-2010

Programa de actividades de 2009-2010

Reunións Veciñais
  • Luns, 02 Novembro 2009

O Concello de Cabanas pensa realizar unha serie de reunión nas diferentes parroquias ó longo dos meses de novembro e decembro. Nestas reunión, o consistorio municipal buscará explicar ós vecinos e veciñas de Cabanas como se pretenden preparar os presupostos do próximo ano 2010. Nestas reunión tamén se escoitaran as suxerencias e as preguntas que os asistentes desexen realizar, co obxectivo de realizar os mellores presupostos posibles para o funcionamento do Concello de Cabanas, tendo en conta as necesidades de cada parroquia.

As reunións faranse nos diferentes locais sociais que hai no concello, para deste xeito poder favorecer que asista a maior parte dos veciños e veciñas de Cabanas. A hora das reunións será sempre ás 20:30 horas. O calendario previsto das reunións será o seguinte:

-         4 de novembro: Local Social de Santa Cruz

-         12 de novembro: Local Social de Lavandeira

-         18 de novembro: Local  Social de Laraxe

-         25 de novembro: Local Social de San Martiño de Porto

-         2 de decembro: Concello de Cabanas

Teatro no Concello
  • Xoves, 29 Outubro 2009

Dentro da programación cultural que se ofrece a través da Concellería de Cultura de Cabanas está previsto que mañá venres día 30 se ofreza unha obra de teatro. A hora para a representación será ás 20:30 horas e o lugar escollido o salón de plenos de Cabanas. A obra correrá a cargo do grupo de teatro “A Pombiña” sendo a obra a representar “Nin Dios entende ós homes”. A entrada será gratuíta.

Radio ECCA
  • Martes, 06 Outubro 2009

Un novo ano académico comeza, e como ben sendo habitual Radio ECCA en convenio coa Consellería de Educación comeza tamén coas súas actividades para a preparación de adultos para a obtención do título de Graduado en Secundario. E como non podía ser de outro xeito, o Concello de Cabanas a través da súa Concellería de Cultura volve a colaborar un ano máis, cedendo instalacións para que se poidan impartir clases. Estas serán os martes e mércores, en horario de 19:30 a 21:30 horas na Escola Laica. Todas aquelas persoas que desexen obter máis información acerca desta actividade, poden acudir o vindeiro xoves, 8 de outubro, ás 19:30 horas a unha reunión informativa na que se solventarán todas as dúbidas que poida haber.

Pleno do 30 de setembro de 2009
  • Martes, 29 Setembro 2009

O vindeiro mércores, día 30 de setembro de 2009, terá lugar unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación, no salón de sesión da Casa do Concello e a partir das 19:30 horas. Este pleno contará ca seguinte orde do día:           

                        Parte resolutiva.

1. Aprobación se procede da acta da sesión anterior.

2. Conta xeral exercicio 2008.

3. Proposta festas locais 2010.

4. Ratificación acordo XGL sobre Adquisición parcela a Sepes para punto limpo.

5. Proposta programa mellora da calidade turística do Eume.

6. Solicitude declaración Concello turístico.

7. Moción do grupo mixto sobre tratamento voluminosos.

8. Moción do grupo mixto sobre limpeza sedimentos no leito da Magdalena.

9. Moción do BNG sobre recollida residuos voluminosos.

10.Moción do BNG sobre bono social eléctrico.

11.Moción do BNG sobre actuación municipal diante da gripe A.

12.Moción do BNG sobre medidas mellora financiamento dos Concellos.

                        Parte de control órganos da Corporación.

                        13.-Informes da Presidencia.

      a) Resolucións da Alcaldía.

14.- Rogos e preguntas.

Galego

Páxinas