Xornada sobre alzhéimer en Cabanas

Unhas vinte persoas tomaron parte na iniciativa organizada por AFAL e o  Concello, declarado municipio solidario en 2016

Cabanas, 28 de agosto de 2017. O salón de plenos da casa consistorial de Cabanas foi escenario o pasado venres da xornada “Colaborando pola seguridade no alzhéimer e outras demencias”, organizada por AFAL Ferrolterra e o Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais. O alcalde, Germán Castrillón, foi o encargado de presentar a conferencia, que impartiron as técnicas da asociación Noelia Ríos e Rita Touza. A veciñanza respondeu e unha veintena de persoas seguiron a exposición, coa que se buscaba ofrecer información para fomentar o entendemento sobre esta enfermidade e as estratexias que faciliten o manexo de situacións coas que se poden atopar  na súa práctica diaria –desorientacións, conflitos, situacións de crise, agresividade, delirios, alucinacións…-.

Tanto AFAL como o Concello, declarado municipio solidario co alzhéimer en 2016, queren agradecer moi especialmente a participación veciñal e avanzan a organización de novas iniciativas para achegar o alzhéimer á sociedade.

imagen: