“Conoce a O Parrulo” visita o noso municipio este venres e sábado

De 17 a 20 horas, haberá un futbolín humano inchable, unha portería de precisión para practicar puntería ou un photocall

Cabanas, 17 de agosto de 2017. O tour “Conoce a O Parrulo” chega esta fin de semana a Cabanas. Tanto o venres como o sábado, a caravana de “Conoce a O Parrulo” estará situada no Paseo da Madalena, cruce con Avenida Llanos (aproximadamente á altura do nº15), de 17 a 20 horas.

Haberá dúas partes diferenciadas nesta visita. Na primeira haberá un futbolín humano inchable totalmente gratuíto, que fará as delicias de todas as persoas que queiran divertirse neste día diferente na praia e achegarse a coñecer O Parrulo Ferrol. Na segunda parte estará a zona de O Parrulo Ferrol e Parque Ferrol, onde haberá unha carpa na que todas as persoas que o desexen poderán abonarse para poder gozar de todos os partidos da Primeira División da LNFS, así como reservar camisetas de xogo, bufandas, mochilas e moitos máis elementos oficiais de O Parrulo Ferrol, para animar ó equipo durante os partidos. Nesta zona tamén haberá un photocall para facerse unha fotografía de recordo.

Ademais, instalarase unha portería de precisión para que os máis pequenos poidan practicar a súa puntería, onde terán premios, entre eles, cupóns de descontos de Parque Ferrol.

A iniciativa é froito da alianza entre O Parrulo Ferrol e Parque Ferrol e, nas últimas xornadas, celebrouse en diferentes municipios da comarca. 

tag: 
imagen: