Convocatoria Pleno 26/07/2017

O  mercores día 26 de xullo de 2017 ás 19:30 horas, terá lugar unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación, no salón de sesión da Casa do Concello. Este pleno contará ca seguinte orde do día:

1.- Aprobación se procede de actas de sesións anteriores. 

2.- Moción sobre a cidade amiga da infancia

3.- Creación de ficheiros de datos de carácter persoal

4.- Informes da Presidencia. 

      a) Resolucións da Alcaldía.

      b) Informe trimestral PMP

      c) Informe trimestral execución orzamento

      d) Informe concelleira delegada de servizos sobre campaña velutina

5.- Rogos e preguntas.