Financiamento de 42.900 euros para o Pavillón Polideportivo de San Martiño do Porto

Galego

O Alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, asinou un convenio de colaboración co Presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, para o financiamento do arranxo do Pavillón Polideportivo de San Martiño.

Cun importe de 42.900 euros reformaranse os vestiarios do polideportivo, o que suporá unha mellora nas instalacións de máis de dúas décadas de historia. En concreto o proxecto contempla a derriba do interior do edificio, incluíndo tabiques e revestimentos de chan e paredes, que se renovarán por completo. Ademais, habilitarase un falso teito e adaptaranse os espazos para o acceso de minusválidos.

Image: 
Tags: