Cabanas non cobrará o imposto ás terrazas para potenciar a hostalaría

O Concello de Cabanas vén de anunciar que non pasará a cobro o imposto por ocupación de solo público para a instalación das terrazas, co obxectivo de apoiar á hostalaría local na desescalada da crise provocada pola COVID-19.

A medida supón a suspensión do imposto municipal non só durante o estado de alarma, senón tamén até o final de ano, co obxectivo de que o impacto da crise económica sexa menor e axude manter todos os postos de traballo.

Ademais, tamén se flexibilizará a colocación das terrazas para adaptarse ás distancias de seguridade establecidas para previr a propagación do coronavirus.