O BOP anuncia a aprobación definitiva de varios regulamentos e a modificación dunha ordenanza

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) anunciou onte, venres, a aprobación definitiva de tres novos regulamentos (Participación Veciñal; Venda Ambulante e Feiras; Rexistro Municipal de Entidades) e a modificación da Ordenanza de Axudas de Emerxencia Social, logo de que non tivesen recibido propostas de emenda tras a súa aprobación provisional polo pleno ordinario do pasado mes de marzo.

O novo regulamento de participación veciñal establece as diferentes vías de participación da veciñanza na vida municipal, fomentando a formulación de iniciativas veciñais e creando a posibilidade de facer preguntas nos plenos.
 
Pola súa banda, o regulamento de venta ambulante e feiras nace coa vontade garantir a boa convivencia da actividade de venda ambulante e mercados, regulando aspectos como os horarios, zonas de realización, condicións de montaxe ou a documentación que precisan presentar as persoas que monten os postos.
 
O regulamento do rexistro municipal de entidades, contemplado no regulamento de participación veciñal, establece un marco xurídico que permite coñecer documentalmente a realidade do tecido asociativo e de participación colectiva, co fin de dispoñer da información necesaria que dea soporte ás accións públicas que haxa que emprender para favorecer e facilitar a participación da veciñanza, así como garantir a transparencia na xestión municipal.
 
Por último, coa modificación da ordenanza de emerxencia social amplíase o número de persoas que se poden acoller ás axudas e se actualizan, ampliando, as cantidades das axudas para alimentación, coidado infantil, medicinas non cubertas polo sistema de saúde, transporte e reforzo escolar, entre outros.

A continuación poden descargarse os anuncios do BOP:

#1. - Aprobación definitiva Regulamento de Participación Veciñal do Concello de Cabanas Descargar PDF
#2. - Aprobación definitiva Regulamento de venda ambulante e feiras do Concello de Cabanas   Descargar PDF
#3. - Aprobación definitiva Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Cabanas   Descargar PDF
#4. - Aprobación definitiva modificación Ordenanza Axudas de Emerxencia Social do Concello de Cabanas   Descargar PDF