Cabanas organiza un xantar de Entroido para o sábado 22 de febreiro

O Concello de Cabanas vén de abrir o prazo para anotarse ao Xantar de Entroido, a primeira das actividades coas que concello celebra o Entroido 2020.
 
Dito xantar terá lugar o sábado 22 de febreiro no Pavillón de Lavandeira, cun menú que inclúe cocido e sobremesas típicas de entroido, ademais das bebidas. Terá un prezo de 20 euros, que se pagarán o mesmo día do xantar en efectivo ou con tarxeta, mais é preciso apuntarse antes do xoves 20 de febreiro na Casa do Concello ou no 981 495 959 (ext. 3).
 
Ao rematar o xantar haberá baile e actuación musical amenizada pola artista Almudena.
 
Festa de Entroido
 
Por outra banda, o Concello de Cabanas tamén vén de anunciar, en colaboración coa ANPA O Castiñeiro e a Sociedade O Loureiro, a Festa de Entroido, que contará cunha modalidade infantil e outra destinada ás persoas adultas. Ambas serán o sábado 29 de febreiro.
 
A festa infantil comezará ás 18.00h no Pavillón de Lavandeira, e contará con actividades de animación destinadas ás nenas e nenos, mentres que a de maiores iniciarse ás 21.00h no local da Sociedade O Loureiro, con degustación de sobremesas de Entroido e a actuación de DJ Dany. En ambas as dúas festas haberá premios variados para os mellores disfraces.
 
“Desde o Concello queremos animar a toda a veciñanza a asistir ás celebracións de Entroido”, sinalou a concelleira de festas, Diana Rodríguez, quen tamén quixo destacar “a diversidade das celebracións para ter opcións para todos os públicos e gustos”.