Éxito do I Mercado de Nadal

O pasado domingo, 15 de decembro, celebrouse no Pavillón de Lavandeira o I Mercado de Nadal, un evento no que se deron cita artesáns e produtores de toda Galicia para dar a coñecer os seus produtos. Ademais, as crianzas disfrutaron de actividades concentradas en varios obradoiros e tamén da visita do Apalpador, en colaboración con Cabanas Rural.

Numerosas persoas aproveitaron a feira para facer as súas compras de agasallos de Nadal, contribuíndo a impulsar un comercio de proximidade e a relación directa con produtores.