Campaña de Esquí da Deputación da Coruña

O Concello de Cabanas participa na Campaña de Esquí organizada pola Deputación Provincial da Coruña, destinada á rapazada de 10 a 14 anos inclusive (de 11 a 15 cumpridos a 31 de decembro de 2020), grazas á cal poderán practicar este deporte na estación de Cabeza de Manzaneda (Ourense).

No caso concreto de Cabanas. a Deputación asignou tres prazas na quinta quenda. Deste modo, a rapazada participante entrará na estación o venres 21/02/2020 e sairá o luns 24/02/2020 despois da comida.

O programa inclúe os gastos de transporte, estadía, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, aluguer de material, remontes mecánicos e gastos dos cursos programados. O que si deberá de abonar cada participante son 85 € en gastos de inscrición.

Darase preferencia a aquelas persoas que non teñan disfrutado do programa con anterioridade, e no caso de que a demanda supere a oferta, realizarase sorteo público ante a Secretaria municipal accidental para a devandita adxudicación de prazas o luns 9 de decembro ás 12.00h.

Aquelas persoas interesadas en inscribir ás súas fillas e fillos deberán facelo no Departamento de Cultura e Deportes antes do 4 de decembro.