Xornada sobre compostaxe e redución de residuos

O Concello de Cabanas informa de que o luns, 18 de novembro, ás 19h terá lugar unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica e redución de residuos no Salón de Plenos. 

Trátase dunha iniciativa vencellada ao Programa de Compostaxe Doméstica posta en marcha polo concello semanas atrás e enmarcado dentro da Semana Europea da Prevención de Residuos.

As persoas asistentes poderán aprender as técnicas para conseguir compost de calidade, así como tamén indicacións para a redución xeral de residuos nas casas.