Cabanas inaugura a exposición “Unha invasión silenciosa”

O Concello de Cabanas vén de inaugurar a exposición “Unha invasión silenciosa: a biodiversidade baixo ameaza”, que a través de 12 paneis informativos analiza o fenómeno das especies invasoras, tanto animais como vexetais, e ofrece un achegamento tanto ás causas como as súas solucións.
 
“Esta exposición serve para concienciar do perigo que supoñen as especies invasoras para a biodiversidade, alterando os ecosistemas” explicou Iago Varela, tenente de alcalde e concelleiro de medio ambiente, quen adianto o compromiso do executivo local por traballar cara a ir erradicando este tipo de especies no territorio local.
 
A exposición está organizada polo Concello de Cabanas en colaboración coa asociación ecoloxista ADEGA, e se pode visitar no CCDR de San Martiño do Porto até o día 15 de outubro, de martes a domingo de 17 a 23 horas, e os venres, sábados e domingos tamén en horario de mañá, entre as 11 e as 14 horas.