Nova edición do programa Envellecemento Activo no local das Viñas

O Concello de Cabanas anuncia que a partir dos próximo martes, 24 de setembro, reiníciase o programa Envellecemento Activo, unha actividade que terá lugar no Local das VIñas de 11 a 12.30 horas.

Este programa ten como principal obxecitvo mellorar a calidade de vida das persoas maiores, e para iso levaranse a cabo diversas actividades para estimular e manter as diferentes funcións cognitivas, ensinar técnicas para mellorar a memoria na vida cotiá, promover a participación social, previr o illamento e promocionar a relación interparroquial.

Está destinado ás persoas maiores de 55 anos sen grandes perdas cognitivas, e divídese nun total de 35 sesións, cada unha cunha duración de 1 hora e 30 minutos.

A actividade conta con transporte gratuíto interparroquial, polo que as persoas interesadas de nova inscrición deben poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais, no 981 495 959 (ext. 2).