Datos do servizo de socorrismo durante o mes de agosto

Rematado o mes de agosto é o momento de facer valance das incidencias atendidas polo servizo de socorrismo.

Durante este pasado mes, o servizo estivo cuberto cos 4 socorristas, mais dous voluntarios de Protección Civil para cubrir vacacións e garantir un servizo de dous operarios de luns a xoves, e de tres de venres a domingo.

Neste tempo atendéronse un total de noventa e dous (92) incidencias,
dúas menos que no pasado mes de xullo. A gravidade destas foi a seguinte:

- 18 sen importancia (5 máis que en xullo).
- 51 moi Leves (17 máis que en xullo).
- 22 leves (19 menos que en xullo).
- 1 grave (5 menos que en xullo).

A única incidencia grave foi atendida de inicio polos servizos de socorrismo, onde tivo
que intervir o servizo de ambulancias para o seu traslado ao centro de saúde máis
próximo debido a un golpe de calor.

As causas máis comúns das incidencias sufridas foron as picaduras de escarapote (35),
picaduras de insectos (11) e cortes sufridos tanto no areal coma no piñeiral (25).

Os socorristas transmiten incidencias de maneira moi continuada polo problema de
embarcacións de lecer (kaiak e táboas) dentro da zona de boias, así como tamén da
falta de regulación da zona de fóra de boias para o tránsito de embarcacións e
pedaleas, como xa indicaron tamén no pasado mes de xullo.

O servizo de socorrismo estivo operativo ente o 1 de xullo e o 31 de agosto no areal da Madalena