Información sobre o pograma Mencer na Escola para o curso 2019/2020

O programa Mencer na Escola é unha medida de conciliación de promoción autonómica validade pola Secretaría de Igualdade e encadrada dentro do Plan Municipal de Igualdade entre Homes e Mulleres. Trátase dun recurso de apoio para posibilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, e está ofertada prioritariamente a aquelas familias que non poden contar con outros recursos da rede familiar ou social, ou non lles é práctica a aplicación das medidas legais destinadas a facilitar a conciliación.

O programa está dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria do CEIP Eladia Mariño, que será desenvolvido todas as mañás lectivas do curso escolar dede as 7.30 até as 9.30 horas. Dentro del, levaranse a cabo actividades recreativas e socioeducativas para as nenas e nenos, e se proporcionan almorzos saudábeis para aquelas persoas que o soliciten.

Neste curso 2019 - 2020, Mencer na Escola iniciarase o 11 de setembro. Totdas as persoas interesadas en inscribirse deberán facelo nas Oficinas Xerais do Concello a partir do luns 2 de setembro.

Para aclaarar calquera dúbida as usuarias e usuarios poden poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais no 981 495 959 (ext. 2) ou a través da empresa Gestión Plus, xestora das actividades, no 636 141 474.

Prezos (mensuais)

  • Entre 4 e 5 días / semana: 30 €/mes con almorzo ou 21 €/mes sen almorzo
  • Entre 1 e 3 días/semana: 15 €/mes con almorzo ou 10 €/mes sen almorzo
  • Días soltos: 3 €/día con almorzo ou 2,50 €/día sen almorzo.

Bonificacións

  • 50% do prezo público cando participen 2 ou máis membros da mesma unidade familiar.
  • En casos excepcionais, previo informe dos Servizos Sociais, poderíase acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público.

*As cotas cóbranse de maneira mensual a través de domicialización bancaria unha vez finalizado o mes.