Bases da feira de segunda man do Concello de Cabanas

Ante a situación de indefensión das persoas afectadas pola cancelación da feira de segunda man por problemas da organización da mesma alleos a este Concello, e co fin de dotar ao evento da legalidade coa que non contaba, o Concello de Cabanas vén de  programar unha Feira de Segunda Man para o sábado 17 e domingo 18 de agosto, a celebrar no Paseo da Madalena.

Esta feira rexerase polas seguintes bases:

  1. A Feira de Segunda Man celebrarase o sábado 17 e o domingo 18 de agosto de 2019 no Paseo da Madalena.
  2. A montaxe dos postos poderá facerse antes das 12h de cada día en cuestión, e deberán quedar desmontados ás 22h do domingo.
  3. Establécese, de acordo co artigo 6.c da Ordenanza Fiscal número 23, Reguladora da taxa por instalación de postos, barracas e outros en terreos de uso público, unha taxa de 3 € / posto / día, que serán recadados in situ por persoal municipal.
  4. Os vehículos non poderán subir ás beirarrúas en ningún caso.
  5. A seguridade dos postos corresponderá ás persoas titulares dos mesmos.
  6. A ambos dous lados dos postos déixase unha marxe dun metro, polo que estes dous metros (un metro a cada lado) quedarán libres de paso.
  7. Os bancos, as papeleiras e os accesos á praia teñen que deixarse libres.
  8. Non se poden clavar piquetas, ou taladrar o chan, así como tampouco usar as farolas para a montaxe de postos ou outros cometidos.

*No caso de alerta meteorolóxica do 112, o Concello de Cabanas cancelará a celebración da feira.