Aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín número 192/71GAL emitido ás 19:40 h. dun fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS, de nivel AMARELO (Vento do SW forza 7 ocasionalmente 8. Mar combinada W aumentando de 4 a 5 m), que afectará ao litoral da provincia da CORUÑA (NOROESTE E OESTE), e LUGO (MARIÑA) que comezará a última hora de hoxe e abranguerá todo o día de mañá (9/8/2019).

O aviso tamén afectará a todo o litoral de PONTEVEDRA e A CORUÑA (SUROESTE) comezando a primeiras horas da mañá do día 9/8/2019 prolongándose ata última hora da tarde do mesmo día. Sendo neste caso por Mar Combinada do W de 4 a 5 m.