Cabanas declara dous días de loito oficial polo pasamento de J.P.C. a consecuencia dun accidente no Piñeiral da Madalena

O Concello de Cabanas quere trasladar as súas condolencias á familia de Dona J.P.C., veciña do Concello de As Pontes, polo seu pasamento no día de onte a consecuencia do accidente sufrido pola caída da póla dunha árbore no Paseo da Madalena.

Ante esta traxedia, o Concello de Cabanas amosa toda a súa solidariedade coa familia e amizades da vítima, e como testemuño da dor do pobo de Cabanas polos feitos acaecidos, o Concello de Cabanas declara loito oficial durante os días 8 e 9 de agosto.

O venres, 9 de agosto, ás 12 horas, gardarase un minuto de silencio diante das casa do Concello en sinal de condolencia; así mesmo, o Concello de Cabanas decidiu suspender todos os actos oficiais e lúdicos organizados polo Concello durante os días de loito, ao tempo que as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta.