Por unhas festas seguras, Cabanas di non á violencia sexual

Cabanas é un concello diverso, e comprometido contra a violencia sexual. Por iso traballamos para ter unhas festas seguras, e por iso durante os concertos das Festas de Santa Marta, na noite do sábado, desenvolveremos unha serie de actividades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da camapaña "AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual".

O stand da campaña estará situado no antigo campo de fútbol, e contará coas seguintes actividades:

  • Obradoiro de gafas 3D de realidaed virtual VR, no que se poderán visionar a través duns lentes 3D VR diferentes vídeos vinculados á temática. É unha actividade que se pode facer de maneira individual ou por parellas.
  • Comunicación mediante tubaxes. O stand leva incorporadas 12 tubaxes, en cada unha das cales se inclúen diferentes mitos, realidades ou actitudes machistas relacionadas coa violencia de xénero co fin de transmitir dun lado a outro do stand as propias opinións. Actividade a realizar en parellas.
  • O Violentómetro. É unha dinámica na que os participantes deberán clasificar diferentes actitudes sobre a violencia de xénero, cada unha máis ou menos grave, analizándoas e colocándoas en función das súas propias conclusións no lugar axeitado (coidado-reacciona-afástate). Pode realizarse individual ou en grupo. 
  • Photocall Transparente. Trátase dunha dinámica moi sinxela e divertida na que pretendemos romper estereotipos de xénero impostos e facer voar a imaxinación das persoas participantes. No acetato haberá debuxado diferentes elementos en relación o xénero, os cales os participantes poderán utilizar para caracterizarse e escribir en relación a temática, así coma sacarse unha foto para subir as redes sociais co hashtag #AgresiónOFF.
  • Ollo cos micromachismos! No stand haberá tamén un “Panel de pensamentos”, onde as/os participantes poderán escribir nuns post-it as accións que elas/eles creen que son micromachismos na nosa sociedade. Unha vez escrito, este se pegará no panel para compartir esa acción cos demais, creando así un gran mural de alerta contra os micomachismos, ao mesmo tempo que se debate sobre as diferentes accións.
  • Kahood da igualdade. Xogo temático online. Nunha pantalla proxectaremos este xogo no que a través do móbil e un sinxelo rexistro, as persoas participantes poderán respostar a diferentes preguntas “on line” en directo sobre a violencia de xénero, comprobando ao momento quen acada a puntuación máis alta en cada partida. 

Ademais das actividades para adultos, contaremos tamén con outras pensadas para os máis cativos:

  • NAIPAI. Debuxando a mamá de azul, debuxando a papá de rosa. Cada cativo e cativa que se achegue a dinámica da pizarra terá que debuxar a mamá se é neno e a papá se é nena coa súa axudas, nas cores que inverten o estereotipo xeral de xénero masculino e feminino. A actividade pode levarse a cabo tanto individual coma por parellas.
  • ANIMALIA. Xogo cooperativo para resolver conflitos. En pequeno grupo, onde pode participar a familia, comezamos dicindo o nome da persoa e a de un animal que comece pola inicial do nome en feminino, por exemplo son Luis e o meu animal e a Leona. Posteriormente o seguinte debe dicir e nome e animal de Luis e o seu propio, así ata completar o círculo. Se alguén non se acorda pode gritar “selva” e todos se cambian de grupo volvéndose a comezar. A actividade está pensada para grupos pequenos (5-6 participantes) con pais e nais.

Ademais, ao longo da intervención distribuiranse flyers co ‘Decálogo contra a violencia sexual: 10 cousas que tes que saber’ en galego, castelán e inglés, así coma merchandising cos logotipos de programa, incluíndo mochilas, sombreiros, pulseiras, chapas, landyards, fundas aquapark e landyards portamóbiles.