Aberto o prazo de pagamento dos campamentos de agosto

O Concello de Cabanas informa de que o prazo de pagamento dos campamentos de verán correspondentes ao mes de agosto estará aberto até o próximo venres 26 de xullo, sendo posíbel realizalo mediante tarxeta bancaria no Rexistro Municipal ou a través de transferencia bancaria.

No caso de escoller esta última opción será preciso indicar os seguintes datos no concepto:

  • Ludoteca de verán 2019 ou campamento deportivo
  • Nome e apelidos da nena ou neno.
  • Quenda que corresponda (quincena ou mes de agosto).