O Concello de Cabanas fai pública a última versión do PXOM

O Concello de Cabanas vén de publicar a última versión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobada provisionalmente polo pleno na sesión do 31 de outubro de 2018.

A documentación, que se pode consultar a través da páxina web cabanas.gal, contén todo o expediente agás dous documentos que, de acordo coa LOPD non son compartíbeis ao conteren datos de carácter persoal. Estes documentos son o Informe de alegacións (as persoas interesadas que presentaron alegacións xa recibiron notificación escrita co resultado das mesmas) e o convenio urbanístico F.L.A. - Irís.

Ademais, na web municipal tamén se fixo pública a versión inicial do PXOM, aprobada no pleno do 29 de xaneiro de 2014, co fin de que quen o desexe poida comparar a evolución entre os dous documentos.

A publicación do expediente do PXOM na web do Concello enmárcase dentro da nova estratexia de transparencia posta en marcha polo novo goberno municipal de Cabanas.

Para calquera consulta sobre o PXOM as persoas interesadas poden dirixirse aos servizos municipais no Concello de Cabanas, previa cita a través do 981 495 959.

Documentación