O Concello retira 93 raíñas das trampas colocadas contra a vespa velutina

Galego

O Concello, a través da Concellería de Servizos, vén de retirar un total de 93 raíñas das trampas colocadas hai unhas semanas contra a vespa velutina en San Martiño e Cabanas, evitando a creación doutros tantos niños.

A retirada, supervisada pola bióloga Eva Pico, continuará en Irís, Laraxe, Santa Cruz, Lavandeira e Regoela e servirá non só para recontar e eliminar as vespas capturadas, senón tamén para reparar ou restituír trampas danadas polos ventos destes días; reubicar outras en zonas máis efectivas, ou repoñer o líquido co que se atrae ás velutinas. Unha campaña de trampeo que se vén realizando dende 2015.

Tags: