Concello e Moto Club Saltamontes promoven unha xornada de adestramentos e exhibicións de supercross e trial en Cabanas

Galego

Aberta a inscrición nos adestramentos, para pilotos nenos e maiores

Cabanas, 26 de abril de 2019. O Circuito Municipal de Motocross de Cabanas acollerá o vindeiro sábado 11 de maio unha xornada con exhibicións de supercross, trial e adestramentos específicos e libres. Unha iniciativa organizada pola Concellería de Deportes e o Moto Club Saltamontes na que colabora o Moto Club local SX de Cabanas.

Nesta liña, o edil de área, Javier Fernández Brage, apunta que poderán participar todos os pilotos nenos e adultos que teñan licenza federada ou seguro privado. Engadiu que os adestramentos están regulados, separando a uns dos outros para maior seguridade e, entre uns e outros, levaranse a cabo exhibicións a cargo de recoñecidos pilotos. Para inscribirse nos adestramentos: os pilotos federados deben chamar ao teléfono 679 898 326 (Carlos López) ou enviar un correo electrónico ao enderezo manteiga62@yahoo.es e, os pilotos con seguro privado, ao teléfono 981 49 59 59 extensión 3 ou enviar un correo ao enderezo cultura@cabanas.gal.

As exhibicións de supercross correrán por conta dos pilotos Román Pérez, José Canosa e Tonio Sampedro e de trial e bike trial por conta do piloto asturiano Pablo Suárez Jambrina. ¿Os horarios? De mañá de 12 a 12,45 horas e de tarde de 17 a 17,45 e de 19 a 19,45 horas. Reclamos que, sen dúbida, fan pensar que a cita contará cunha boa afluencia de público.

Tags: