Xornada de convivencia este xoves no piñeiral de Cabanas entre os equipos de mediación do IES Fraga do Eume e do IES As Mariñas

Galego

Terá lugar no marco do proxecto “Empodera” de 14 a 17,30 horas

Cabanas, 24 de abril de 2019. O piñeiral de Cabanas acollerá este xoves 25 de abril, entre as 14 e as 17,30 horas, unha xornada de convivencia entre os equipos de mediación do IES Fraga do Eume e do IES As Mariñas no marco do proxecto “Empodera” pertencente ao Programa Municipal de Acción Social coa Mocidade (PMASM).

O proxecto “Empodera” conforma as accións socioeducativas do PMASM dirixidas ao colectivo da mocidade. Ten como finalidade fomentar o desenvolvemento persoal e social das mozas e mozos e das súas familias a través de accións socioeducativas, previndo situacións de risco social e fomentando relacións de igualdade e de bo trato.

O equipo de mediación do IES Fraga do Eume está conformado por adolescentes do Concello de Cabanas, así como doutros concellos limítrofes e na xornada de convivencia deste xoves participarán co alumnado de Betanzos en actividades de formación relacionadas coa comunicación, as habilidades sociais e resolución de conflitos.

 

Tags: