Últimos días para anotarse na ruta de sendeirismo Irís-Valedoso

Galego

Organizada polo Concello de Cabanas, celebrarase este sábado 27 de abril

Cabanas, 23 de abril de 2019. O Concello de Cabanas lembrou esta mañá que o prazo para anotarse na nova ruta de sendeirismo por Irís-Valedoso pecharase este xoves 25 de abril. Aínda que a participación é gratuíta requírese de inscrición previa e debe formalizarse no departamento municipal de Deportes (cultura@cabanas.gal; teléfono 981 49 59 59 ext 3 ou de forma presencial na pranta baixa da casa consistorial).

A ruta arrancará da igrexa de Santo Estevo de Irís ás 9,30 horas, aínda que para facilitar a asistencia daquelas persoas que descoñezan o lugar tamén se prevé unha quedada na casa do Concello ás 9,15 horas.

A ruta é de dificultade moderada, cubrirá un tramo de 14 kms de lonxitude (7 de ida e 7 de volta) e permitirá descubrir o entorno natural de Valedoso e Irís. Dende o templo iniciarse un desnivel a través das Fragas ata a parroquia de Santa Cruz, no parque natural.

A ruta está sinalizada e foi creada polo Concello e homologada a través das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no eido dos parques naturais de Galicia, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Tags: