A proposta culinaria do Local Social de Laraxe, a preferida da clientela na cuarta edición do “Tapeando Cabanas”

Galego

A entrega do galardón terá lugar o mércores 17 de abril ás 18 h no local

Cabanas, 11 de abril de 2019. O Local Social de Laraxe convertíase este ano no establecemento coa proposta culinaria máis valorada polos participantes no certame gastronómico “Tapeando Cabanas”, que promoven a Concellería de Turismo e o sector hostaleiro.

Así, a tapa “Fragamar” conquistou os paladares dos participantes no certame e o establecemento será sede, o vindeiro mércores 17, do acto de entrega do galardón, unha placa conmemorativa, a partir das seis da tarde. Tamén alí a concelleira de Turismo, Elena Arias, xunto a outros membros da corporación, fará entrega dos agasallos, cedidos por Concello e locais, que se sortearon no día de onte entre aqueles que participaron en Tapeando. Dende lotes con botellas de viño ata ceas nos locais ou unha estancia nun balneario, entre outros.

Nesta liña, Elena Arias valorou moi positivamente o certame, a tenor das cifras de ventas e afluencia trasladadas polos establecementos. No mesmo, tomaron parte, amáis do Local Social de Laraxe, A Lareira, Fragas do Eume, La Encina, o local Social de San Martiño e Yellow.

Unha vez realizado o sorteo dos premios, os gañadores foron os seguintes:

Premios do Concello:

 

PREMIO

GAÑADOR/A

Estancia dunha noite para dúas persoas en un balneario

Lucía Vaquero Seijo

(Cabanas)

Entradas para dúas persoas a un espectáculo cultural en Ferrol o Narón

Ángeles Mayo Timpanaro

(Cabanas)

 

Premios dos establecementos:

 

ESTABLECEMENTO

PREMIO

GAÑADOR/A

Fragas do Eume

2 entradas para Juan Magán

 Iago Varela Martínez

(Cabanas)

Restaurante A Lareira

Unha comida para dúas persoas

 Nuria Díaz Edreira

(Cabanas)

Ambigú C.C.R.D. San Martín do Porto

Un cofre experiencia

 Moisés Loureiro Martínez

(Cabanas)

Local Social de Laraxe

Un estoxo de viño

Carmen Fernández Tenreiro

(Cabanas)

Café La Encina

Unha cena para dúas persoas

Roberto Domínguez Domínguez

 (Cabanas)

Café Bar Yellow

Unha cea para dúas persoas

Raúl Pérez Varela

(Cabanas)

 

 

 

Tags: