O Concello ofrece o Obradoiro para familias “Recursos para o desenvolvemento da regulación emocional e a autoxestión”

Galego

A iniciativa é gratuíta, pero con inscrición previa no 981 49 59 59 ext. 6 ou 2, no correo servizos.sociais@cabanas.gal ou no departamento municipal

Cabanas, 11 de abril de 2019. O local social das Viñas acollerá o vindeiro luns 15 de abril, a partir das 17 horas, o Obradoiro para familias “Recursos para o desenvolvemento da regulación emocional e a autoxestión”, a cargo Lara Soto. Unha iniciativa con participación gratuíta pero inscrición previa. No teléfono 981 49 59 59 extensións 6 ou 2, no correo electrónico servizos.sociais@cabanas.gal ou no propio departamento municipal de Servizos Sociais (pranta baixa da casa consistorial).

O obradoiro inclúese no programa municipal “Tempo de Familias” que impulsa o Concello de Cabanas a través da Concellería de Servizos Sociais.

Image: