O Concello informa do remate das obras de remodelación do parque do Areal

Galego

A intervención contou cun orzamento de 57.000 euros e contemplou a dotación dun gran navío corsario para o xogo simultáneo de 30 nenos

Cabanas, 09 de abril de 2019. O Concello de Cabanas informou do remate dos traballos para convertir o parque do Areal, entrada ao paseo da Madalena, nun auténtico centro de xogo infantil de referencia na zona. Para iso, o Concello investiu preto de 57.000 euros procedentes do Plan Único POS+ da Deputación.

A intervención contemplou a instalación dun gran navío corsario ideado para o xogo simultáneo de 30 nenos e nenas, e especialmente pensado para aqueles con idades entre os 3 e os 12 anos. Trátase dun conxunto de xogos con tobogáns abertos e en tubo, redes para trepar e unha plataforma elevada. Así mesmo, e baixo a pérgola de madeira instalada polo Concello, colocáronse asentos ao redor de dúas mesas de xogos –tableiro con xadrez, parchís, oca-.

Ademais, a actuación tamén incluíu o arranxo e acondicionamento de nove bancos de madeira e sete mesas e bancos. Mobiliario moi deteriorado e con danos. Tamén se dotou o espazo dunha nova fonte coa necesaria conexión ás redes de abastecemento e saneamento e que substituíu á existente, de fundición de ferro pintada en verde e sobre base de formigón, tamén moi deteriorada.

Image: 
Tags: