O Concello invita á veciñanza ao Concerto da Escola Municipal de Música

Galego

Terá lugar este sábado no salón de plenos a partir das 9,30 horas

Cabanas, 5 de abril de 2019. Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música do Concello de Cabanas ofrecerán mañá sábado, 6 de abril, un concerto. Terá o salón de plenos da casa consistorial como escenario e dará comezo ás 9,30 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Organizado pola Concellería de Cultura e a Escola de Música, no recital estudantes de todas as idades interpretarán diferentes pezas, dende cancións populares ata obras de E.Tamberg, E. Gnesina, N.Rákov, A.Nicolaev, G.Haendal, J.Brahms, F.Chopin, W.A.Mozart e J.Haydn, entre outros.

Tags: