Nova cita co “Tapeando Cabanas” este venres

Galego

Organizado por Concello e hostalería local, celebrarase durante toda a fin de semana, coas mellores tapas ao prezo de 1,50 euros

Cabanas, 4 de abril de 2019. A concelleira de Turismo, Elena Arias, informou esta mañá de que “Tapeando Cabanas” regresará a partir de mañá venres 5 de abril aos locais de hostalería do municipio. E, máis concretamente, a A Lareira, Fragas do Eume, La Encina, o local Social de San Martiño e o Local Social de Laraxe, e Yellow. Todos eles ofrecerán as súas mellores propostas culinarias en formato tapa venres e sábado de 12,30 a 14,30 e de 20,30 a 22,30 horas e, o domingo, de 12,30 a 14,30 horas. O prezo das tapas é único, de 1,50 euros.

Unha vez máis, os clientes serán os encargados de elixir o mellor pincho e, para isto, deberán cubrir una papeleta co seu nome e elección. O gañador recibirá unha placa e un diploma conmemorativo. Ademais, tamén haberá importantes premios para as persoas que proben as tapas. Así, os que selen nun mínimo de cinco establecementos entrarán no sorteo de obsequios donados polos propios locais, namentras que aqueles que completen a ruta poderán acceder ao sorteo dos agasallos que cede o Concello: unha estancia nun balneario para dúas persoas e dúas entradas para asistir a un espectáculo cultural.

Tags: