O Concello inicia as obras para dotar de saneamento os núcleos de Porcar e A Rúa

Galego

A intervención conta cun orzamento cercano aos 40.000 euros

Cabanas, 04 de abril de 2019. O Concello de Cabanas vén de iniciar as obras para estender o servizo de saneamento de augas residuais aos núcleos de Porcar, en Santa Cruz, e A Rúa, en Soaserra. Así as cousas, o Concello investirá nos traballos 39.118,96 euros, que financia ao 100% a través do Plan Único POS+. As estimacións municipais sinalan o remate da intervención este mesmo mes.

Nos últimos meses e tras un investimento de 187.000 euros cofinanciado por Xunta e Concello, a Administración local concluía as obras de contrución dunha estación depuradora de augas residuais no lugar de Porcar para dotar do servizo aos núcleos de Lavandeira e Os Piñeiros e, nun futuro, avanzar cara Porcar. Un obxectivo que agora se acadará coa obra en marcha.

Image: 
Tags: