O Concello convida á veciñanza a realizar a Ruta nocturna dos Petroglifos en Cabanas

Galego

A Concellería de Deportes vén de abrir a inscrición nesta nova ruta, que se celebrará o vindeiro 23 de marzo con participación gratuíta

Cabanas, 12 de marzo de 2019. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, continúa co calendario de rutas mensuais de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural e etnográfico da localidade. Nesta ocasión, propón a Ruta dos Petroglifos para o vindeiro 23 de marzo.

Guiada e gratuíta, hoxe abría o prazo de inscrición ata o día 21. Debe formalizarse a través do teléfono 981 49 59 59 ext.3 ou enviando un correo a cultura@cabanas.gal.

A Ruta dos Petroglifos partirá ás 20,15 horas da casa consistorial para dirixirse ao local social de Santa Cruz (chegada estimada ás 20,30 horas). As persoas participantes poderán unirse nun ou noutro punto. Trátase dunha ruta de dificultade baixa, de 6,5 quilómetros cun desnivel máximo de 140 metros. A intención do Concello é camiñar cunha lúa decrecente e, para participar na mesma, recoméndase levar calzado apropiado, linterna e auga.

Image: 
Tags: