Cabanas gardou un minuto de silencio no 15º aniversario dos atentados do 11 de Marzo

Galego

Os concelleiros e concelleiras da corporación secundaron así a proposta do Ministerio de Interior e da Asociación de Vítimas do Terrorismo

Cabanas, 11 de marzo de 2019. O Concello de Cabanas quíxose sumar á proposta realizada polo Ministerio do Interior e a Asociación de Vítimas do Terrorismo e, por ese motivo, os concelleiros e concelleiras da corporación gardaron un minuto de silencio ás portas da casa consistorial. Honraban deste xeito ás vítimas no 15º aniversario dos atentados do 11 de Marzo, coincidindo ademais co Día Europeo das Vítimas do Terrorismo.

 

Image: