Obradoiro para os maiores

Sen definir

A través da súa Concellería de Servizos Sociais, o Concello de Cabanas en colaboración coa Deputación de A Coruña, dentro do seu programa para o desenvolvemento dos servizos sociais, retoma os seus cursos destinados á poboación maior do termo municipal. Búscase con estes obradoiros o favorecer o envellecemento activo da poboación de Cabanas e mellorar deste xeito as condicións dos maiores do Concello. 

Desta forma, a partires do próximo luns día 19 de xaneiro volverán a funcionar tanto o Taller de Memoria como o de Musicoterapia. Ambas actividades terán lugar na Antiga Casa Consistorial de Cabanas, celebrándose os luns e mércores en horario de 09:30 a 10:30 da mañá. Aquelas persoas que desexen tomar parte nestas actividades, poderán facelo ó longo do desenrolo do curso. 

Pensando en facilitar o acceso ós mesmos por parte de toda a poboación de Cabanas, dende o Concello facilitarase un transporte gratuíto que percorrerá as diferentes parroquias que conforman o termo municipal. Desta forma preténdese que a poboación da zona rural do concello non atope dificultades para tomar parte nestes programas que buscan mellorar as condicións de vida dos nosos maiores. 

Aquelas persoas interesadas en participar nestes dous obradoiros de Musicoterapia e de Memoria, poden acadar máis información nos Servizos Sociais do Concello de Cabanas ou ben chamando ó 981 49 55 06.