Seleccións de todos os exércitos disputarán no piñeiral de Cabanas o 47º Campionato Nacional Militar de Campo a Través

Galego

A cita deportiva estatal celebrarase a vindeira semana

Cabanas, 1 de febreiro de 2019. O piñeiral da Madalena acollerá durante a semana do 4 ao 8 de febreiro o 47º Campionato Nacional Militar de Campo a Través, no que tomarán parte atletas pertencentes ás seleccións de todos os exércitos: Exército de Terra, Exército do Aire, Garda Civil, Garda Real, Unidade Militar de Emerxencias, Órgano Central e Armada. Na cita colabora o Concello.

O calendario arrancará o martes, 5 de febreiro. Ás 10 horas, presentarase o campionato no salón de actos do Tercio Norte da Armada. De seguido, celebrarase unha reunión de delegados e xefes de equipos, formalizarase a inscrición definitiva, entregaranse os dorsais e sortearanse as rúas. Xa ás 12 horas, procederase ao recoñecemento dos circuitos no piñeiral e desenvolveranse os adestramentos. E, xa o mércores, comezarán as probas. Ás 10 horas, está prevista a saída de veteráns –sobre unha distancia de 4 a 5 kms- e a carreira da Armada: ás 11 h, a saída da proba de fondo longo (sobre unha distancia de 11 a 12 kms); ás 12,15 h, a saída da proba en categoría feminina –sobre unha distancia de 4 a 5 kms- e ás 13 h, a saída da proba de fondo curto –sobre unha distancia de 4 a 5 kms-.

O xoves 7, terá lugar, a partir das 11 horas, a cerimonia de clausura e entrega de trofeos. Nesta ocasión, nas instalacións deportivas da Armada en Ferrol.

Image: 
Tags: