Cabanas abre o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí da Deputación

Galego

O Concello conta con tres prazas para a quenda do 15 ó 18 de febreiro

Cabanas, 3 de xaneiro de 2019. O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Deportes, vén de abrir o prazo de preinscrición na Campaña de Esquí que promove a Deputación da Coruña. A través da mesma, rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2019, inclusive, poderán practicar este deporte na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, en Ourense. A Cabanas correspóndenlle tres prazas a disfrutar na cuarta quenda: do 15 ó 18 de febreiro.

Se a demanda excedese a oferta, realizaríase un sorteo público para a adxudicación de prazas. Así mesmo, terán preferencia os rapaces e rapazas que non tivesen acudido a ningunha campaña de neve previa da Deputación.

Aquelas persoas interesadas en preinscribir ós seus fillos e fillas poden facelo ata o 10 de xaneiro incluído. Para iso, hai que chamar ó teléfono 981 49 59 59 ext.3 ou 628 486 285 ou enviar un correo electrónico ó enderezo cultura@cabanas.gal. Para a inscrición terán que cubrir unha ficha e presentar unha foto de carné, así como fotocopias da documentación requirida –tarxeta sanitaria, DNI ou libro de familia e certificado médico en caso de recibir algún tratamento específico-.

A Deputación responsabilizarase da maior parte dos gastos ocasionados: transporte, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento, material e actividades varias. E a cuota de inscrición por participante é de 85 euros.

Tags: