Uns 70 palistas iluminarán este sábado o río Eume no descenso nocturno en kaiak organizado polo Club KDM Cabanas

Galego

O espectáculo poderá verse a partir das 21,30 horas

Cabanas, 20 de xullo de 2018. Éxito de convocatoria do Descenso Nocturno polo Río Eume que organiza este sábado o Club KDM Cabanas en colaboración co Concello. Preto de 70 palistas tomarán parte no mesmo, iluminando o río ó seu paso en kaiak. Un espectáculo que dará comezo sobre as 21,30 horas, momento no que arrancará o descenso dende o centro de recepción de visitantes das Fragas.

Así mesmo, a estes sumaranse na cea posterior prevista polo clube deportivo outras 50 persoas, inscritas todas elas na velada. Medio centenar de veciños e veciñas que tomarán parte previamente nunha ruta nocturna ata o Miradoiro de Eirís, organizada tamén polo KDM, para contemplar o descenso.

Tags: