Preto dun centenar de postos daranse cita en Cabanas no Mercadillo de Santa Marta

Galego

Celebrarase dende o xoves 26 ata o domingo 29 coincidindo coa romaría

Cabanas, 19 de xullo de 2018. Preto dun centenar de postos confirmaron a súa presenza no Mercadillo de Santa Marta, que se celebrará coincidindo unha vez máis coa romaría máis importante e multitudinaria do municipio. Será do xoves 26 ó domingo 29 de xullo. Catro días nos que os diferentes postos porán os seus produtos á venda, especialmente de alimentación e artesanía. Neste último caso, de todo tipo: dende xoias ata pezas decorativas, pasando por prendas de roupa ou artigos de papelería e xoguetes. O denominador común será que os produtos saian dun proceso artesanal.

A feira inaugurarase no paseo do piñeiral da Madalena o xoves ás 13 horas e, a partir de aí, abrirá ata o domingo de 10 a 22 horas.

Tags: