O programa xuvenil “Martes Urbanos” arranca cun obradoiro de parkour

Galego

Os concellos de Pontedeume e Cabanas impulsan o proxecto, que dará comezo este martes, 17 de xullo, de 20 a 23 horas

Cabanas, 16 de xullo de 2018. O programa “Martes Urbanos” que impulsan os concellos de Pontedeume e Cabanas arranca mañá cun taller de parkour park. Está dirixido a mozos e mozas, é gratuíto, non precisa de inscrición previa e celebrarase de 20 a 23 horas no entorno da alameda de Pontedeume.

“Martes Urbanos” inclúese no proxecto de Pontedeume e Cabanas de prevención de drogodependencias e condutas aditivas cofinanciado pola Consellería de Sanidade. Ademais do obradoiro de mañá, celebraranse os seguintes: graffiti máis pintado de gorras (24 de xullo); skate park máis BMX (7 de agosto); parkour Street Workout (14 de agosto) e Festival Cultura Urbana (21 de agosto).

O principal obxectivo é ofrecer ó colectivo xuvenil a posibilidade de participar activa e socialmente en diferentes actividades que favorezan o seu desenvolvemento integral mediante a formación e expresión artística, o ocio activo e a integración social a través da Cultura Urbana.

 

 

Tags: