O Concello asina o convenio de colaboración co Club Juventud Cabanas por valor de 6.000 euros

Galego

Apoia así o traballo da entidade deportiva, que á súa vez se compromete a asumir as tarefas de mantenemento da área deportiva da Veiga

Cabanas, 12 de xullo de 2018. O alcalde, Germán Castrillón, e o presidente do Club Juventud Cabanas, José Manuel Sánchez Méndez, veñen de suscribir un convenio de colaboración entre Concello e entidade deportiva, volcada dende os seus inicios no fomento do deporte no municipio e os positivos valores que conleva. De aí o apoio do Concello a través deste convenio, que establece unha achega de 6.000 euros.

Seguindo a liña iniciada o pasado ano, o Club Juventud Cabanas continuará asumindo as tarefas de mantenemento, conservación e limpeza da área deportiva da Veiga e comprométese á promoción de diferentes actividades deportivas, con especial énfase no fomento do deporte base. Contando cos medios necesarios e sendo os principais coñecedores das necesidades das instalacións, a conservación da área recreativa da Veiga queda garantizada, e a medida trae consigo tamén unha rebaixa dos custes para o Concello por este concepto, que ata o pasado ano asumía principalmente unha empresa externa.

Por último, o convenio tamén reforza o obxectivo común de dinamizar as instalacións, coa organización de competicións, actos e eventos deportivos que enchan de actividade a área recreativa e continúen favorecendo a incorporación dos veciños e veciñas de Cabanas á práctica deportiva.

Image: 
Tags: