Inicio

Cabanas levanta a prohibición de acceso ao Piñeiral da Madalena
  • Venres, 14 Febreiro 2020

Unha vez realizados traballos de acondicionamento e mellora da seguridade nalgúns puntos do Piñeiral da Madalena, que obrigaron a manter o espazo pechado, o Concello de Cabanas levantou esta mañá a prohibición de acceso peonil e rodado ao lugar.

Os primeiros en desfrutar da reapertura do Piñeiral ao público foron un grupo de escolares que celebraron o Campionato Escolar de Cross, así como tamén veciñanza e visitantes que empregan este espazo para o paseo ou a práctica deportiva.

Día da muller e da nena na ciencia
  • Martes, 11 Febreiro 2020

Hoxe é o Día da Muller e da Nena na Ciencia, un día para recoñecer o seu papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía, así como que a súa participación debe fortalecerse para que sexa efectivamente plena e equitativa.

Cabanas inicia unha nova edición do Club +60
  • Venres, 07 Febreiro 2020

O Concello de Cabanas anuncia unha nova edición do “Club +60. Encontro de maiores”, un espazo de encontro e participación das persoas maiores de 55 anos.
 
Entre os obxectivos da actividade están o fomento da participación activa en actividades saudábeis, a estimulación cognitiva e a prevención do illamento social coa promoción das relacións interpersoais.
 

Cabanas celebra este sábado a Regata de Inverno de Piragüismo
  • Xoves, 06 Febreiro 2020

 O Concello de Cabanas organiza este sábado 8 de de febreiro, en colaboración co Club KDM e a Federación Galega de Piragüísmo a “Regata de inverno amigable Concello de Cabanas”.
 
O alcalde e responsábel da área de deportes, Carlos Ladra, estima a presenza de 500 padeeiros de todas as categorías. “Trátase do primeiro evento deportivo de 2020 organizado polo Concello, que atraerá unha gran cantidade asistentes e xera un pico de traballo moi valorado polo comercio e hostelaría locais”, engadiu.
 

Cabanas anuncia os plans de despregamento de fibra óptica
  • Mércores, 05 Febreiro 2020

O Concello de Cabanas vén de anunciar os plans de despregamento de fibra óptica previstos para os dous próximos anos, froito da combinación do impulso á instalación de redes de nova xeración iniciadas polo goberno local o verán pasado, cos programas de axudas á extensión de banda larga da Xunta e do Estado.
 

Páxinas